Sempre xuntas

Din que o can e o mellor amigo do home. Cada vez que escoito estas verbas amosanse xa sabidas.

Máis que poderíamos dicir millor, no meu caso, da mellor amiga que teño. Sempre está a meu carón, mirame con eses olliños que repenican como campanas e move o seu rabiño...explicando todo o que me quere dicir.

Non che podo expresasr nada máis que quero que segas a meu lado moitos anos máis, alegrando os meus menceres o quencendo os meus solpores. Grazas Cleíño







































































Por qué mis despistes

Muy fácil, porque vivo en otro planeta llamado Galicia, donde la mar es mujer, la tierra es mujer, las rías son mujeres...es muy fácil despistarse viviendo aquí...pero ahí está su encanto...somos otro mundo...difícil de entrar en él, pero cuando lo consigues ya no querrás volver a salir.

Nosotras

Nosotras
Cleito y yo

Aquellas cosas...

Aquellas cosas...
A medio gas

sábado, 16 de octubre de 2010

Cho Debo!!!









Hai máis dun ano que o mundo decidiu que tanto tempo dando a tua luz e o teu son aos mariñeiros de toda a terra, tiña que ter o seu merecido recoñecemento.
E así caladiña, coma sempre estiveches, recibiches o teu agasallo. Nomearonte "Patrimonio da Humanidade".
Torre de Hércules, se estiveses colocadiña noutro lugar, estou moi segura, segurísima, que hai moito tempo que terías o teu regalo, pero nós os galegos, somos de este xeito.
Temos as mellores praías do mundo e non falamos delas, temos as millores paisaxes e tampouco damoslle o que se merecen, monumentos de todo tipo e estilo, catedrais, pazos, casonas solariegas, pallozas, hórreos, pombares, pontes, murallas, acueductos... todo o que podamos imaxinar.Por ter,están nesta tera as mellores carnes, peixes e mariscos e tamén calamos...
Non hai nada por eses lares que non podamos atopar na nosa terra, mar, montes, ríos, prados, terras chás e o millor de todo a súa xente.
Esa xente que cando o pelegrín percorre O Camiño non acaba de dar loubanzas.
E todo isto e natureza e traballo de tod@s os galegos que ao longo de nosos tempos estivemos aquí o emigramos a outros lares moi lonxanos, e acabando sempre volvendo a súa terra, aínda que sò sexa para descansar.
Entòn, pregúntome: Por que tendo tanto de todo, somos tan calados?Non presumimos do noso, quedamos quedos, silandeiros, coma senòn fose con nós.
Por por unha vez na vida o pobo espertou do seu ostracismo e loitou por aquilo que consideraba era xusto. Grazas a tí, a tua beleza, a tu saber estar a carón da mar tantos e tantos séculos recibimos TOD@s ese premio, recoñecemento de ser a ÚNICA torre ou faro romano en funcionamento do mundo.
Cada día que paseo coa miña cadeliña preto de tí enorgullezcome de ser coruñesa e coma non, galega. Non podería cambear estas terras por nada e aos meus paisanos por ninguén.
http://graficos.lainformacion.com/arte-cultura-y-espectaculos/monumentos-y-patrimonio-nacional/visita-a-la-torre-de-hercules_AGVOxL0E4ntIHguvKeTGZ6/
http://blogs.lainformacion.com/megafotos/2009/06/25/torre-de-hercules/

No hay comentarios.: