Verdes e MadurasLevaba moito tempo que non usaba a posición horizontal nada máis que para descansar. Non caín na neve, e mira que son zoquete, non caín dun trineo no que me atrevín a subir, nin da telesilla...nin de ningún aparello dos que hai nas estación de esquí.
Comenzaba o ano 2010 moi ben "as maduras", ata que apareceron "as verdes", e dende logo ben verdes, unha boa mancha de aceite. Ata alí cheguei enteiriña,despois esbarei e din con os meus ósos no chan . A Cleo marchou moi dereitiña para o ascensor, pero cando se decatou de que a sua mami non aparecía volveu para atrás e me atopou estoupada no chan.
Esa noite aguantei a dor, pero moi cediño marchei para urxencias. Saín como sempre feita unha momia.
Antonte tiven consulta coa traumatóloga e confirmou o diagnóstico engadindo unha fisura no pulso.
Eataremos inmovilizadas durante tres semanas e facendo rehabilitación outras dúas semanas...despois voltaremos a consulta e xa nos dirán.
Esta vez menos mal que "as verdes" non foron moi malas. Vacacións forzosas...Cleíño está coma unha raiña.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada